Redención Marítima
Aparencia
Redención Marítima | |
---|---|
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Redención Marítima foi un periódico aparecido en Vigo en 1931.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en xuño de 1931 como continuación de ¡Despertad!. Publicación decenal, era o voceiro do Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados (CNT). Estaba dirixido por Manuel Fandiño Ricart. Recolleu as preocupacións dos sindicatos marítimos de España e os seus movementos reivindicativos. Deixou de publicarse en decembro de 1931 e foi substituído por Mar y Tierra, voceiro da Federación Nacional de Industria Pesquera.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.